Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes 4, 5 e 7/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan pola instalación de:

-Liña eléctrica aérea a 15 kV de 711 m de lonxitude sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio nº 8 da liña ó centro de transformación de Boaña e centro de transformación en Castriz, no termo municipal de Santa Comba (expediente 4-1/1996).

-Liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 2.452 m de lonxitude sobre apoios de formigón e metálicos, desde a liña de Casas de Minas-Amarelle e centro de transformación de aéreo en Boaña, no termo municipal de Santa Comba (expediente 5-1/1996).

-Liña eléctrica aérea a 15 kV de 1.572 m de lonxitude sobre apoios de formigón, desde a liña ó centro de transformación de Meixigo e centros de transformación aéreos en Castrobo e en Seoane, no termo municipal de Cambre (expediente 7-1/1996).

As declaracións de utilidade pública, das referidas instalacións, que foron outorgadas con datas do 6 de maio, 7 de xuño e 10 de maio, respectivamente, levan implícitas en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Correo Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación

anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore

o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal ás dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que, de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 14 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente número: 4/1996Provincia: A Coruña

Liña: 15/20 kV e C.T. en CastrizConcello: Santa Comba

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

4Canal de BouzaMonteHros. Alejandrina García

Rpta. Leonardo Álvarez García

Gasolineira Castriz-Salgueira

15848 Santa Comba

20160

7CacheiroPastoGerardo Liñares Suárezr/V. de Carral, 9-3º I

15001 A Coruña

42588

Expediente número: 5/1996Provincia: A Coruña

Liña: 15/20 kV e C.T. en BoañaConcello: Santa Comba

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

14EscandraMonteHros. Andrés Gómez Mourelle

Rpta. Josefa Gómez Rial

Outeiro-Castriz

15848 Santa Comba

6-722042.040

16EscandraMonteHros. Alejandrina García

Rpta. Leonardo Álvarez García

Gasolineira Castriz-Salgueira

15848 Santa Comba

48768

23CotónMonteHros. Andrés Gómez Mourelle

Rpta. Josefa Gómez Rial

Outeiro-Castriz

15848 Santa Comba

11/11721.150

26Casa VellaMonteCelestino Otero Gómez y Hros.Outeiro-Castriz

15848 Santa Comba

1211301.300

29/2CamposaLaborCarmen Vilas GómezCastriz

15848 Santa Comba

770

29/3CamposaLaborHerminio Vilas Gómezr/ Víctor López Seoane, 1-6º I

15007 A Coruña

880

Expediente número: 7-1/96Provincia: A Coruña

Liña 15/20 kV e C.T. en SeoaneConcello: Cambre

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

34/1As PalmeirasLaborCelestino Glez. MíguezSeoane, 16

15181-Cambre

54540

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

35O FealLaborJosefa Iglesias BermúdezSeoane, 15

15181-Cambre

34340

Expediente número: 7-1/96Provincia: A Coruña

Liña: 15/20 kV e C.T. en SeoaneConcello: Cambre

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

12A RevoltaMonteConcepción Insua Díaz

y Hnos.

Meixigo, 44

15181-Cambre

421201.920

21UrbilladaMonteAlfonso Mantiñán MíguezSeoane, 26

15181-Cambre

30480

27ArilloLaborCelestino Glez. MayoSeoane, 16

15181-Cambre

9116160

28ArilloPradoManuel González MayoAgra, 1

15181-Cambre

44440

30ArilloPradoJosefa Iglesias BermúdezSeoane, 15

15181-Cambre

440

31O FealPradoAlfonso Mantiñán MíguezSeoane, 26

15181-Cambre

1021001.000

823