Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 26/1997, do 23 de xaneiro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo sito no lugar de Fontenla, parroquia de San Xoán, termo municipal de Poio (Pontevedra), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de ensino secundario.

O Pleno da Corporación municipal de Poio (Pontevedra), reunido en sesión celebrada o 7 de xuño de 1994 e o 7 de marzo de 1995, acordou a cesión a título gratuíto, á Comunidade Autónoma, dun terreo para a construcción dun centro de ensino secundario.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá Decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Asemade, os artigos 23.1º desta lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Poio acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la cesión gratuíta do terreo pertencente ó Concello de Poio, sito no lugar de Fontenla, parro-

quia de San Xoán, termo municipal de Poio, denominado Souto, Coenlleira, Bardancas, Veiga Pereira, Souto, Bailona, Tallados e Fontenla a labrantío, regadío, viña e toxeira cunha superficie de 11.328 m aproximadamente, que linda ó norte, esquerda entrando, Catalina Quintillán, Carmen Laredo, Cándido García Crespo, valo e Manuel Ameneiro Moldos e resto do predio matriz do Concello de Poio; sur dereita, Enrique Freire, herdeiros de Jesús Carballa e resto do terreo matriz do Concello de Poio; leste, fondo, camiño, Benito Eiravella, Catalina Quintillán, Manuel Sobral Fernández e resto do predio matriz do Concello de Poio; e oeste, fronte, Carmen Laredo, Bernardino Millán, Cándido García Crespo e estrada.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, no tomo 1094 do arquivo, libro 82, do concello de Poio, folio 76, predio número 7.865, inscrición 3ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro de ensino secundario.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

1006