Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 1997 Páx. 1.396

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 25/1997, do 6 de febreiro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei e unha vez designados polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do seis de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesan como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Felisa García Castro (CIG-Ensino).

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, ás seguintes persoas:

1. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

Fernando Carrasco Mera (CIG-Ensino).

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1005