Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 1997 Páx. 1.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a subministración de catro servidores e o software complementario polo procedemento de concurso público aberto.

1. Obxecto do contrato: contratación da subministración de catro servidores e o software complementario.

2. Prazo de entrega: 25 días naturais.

3. Orzamento de licitación: 10.000.000 de pesetas.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse durante o prazo de presentación de proposicións na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

5. Fianza provisional: 200.000 pesetas.

6. Fianza definitiva: 400.000 pesetas.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo 2 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentacion de proposicions: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 11 de marzo de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da subministración de catro servidores e o software complementario que presenta ... en nome ... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, ás 10 horas do día 17 de marzo de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

846