Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 1997 Páx. 1.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1997, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e do estudio de efectos ambientais da obra: variante de Marín, C-550, tramo Marín (clave N/PO/91.10).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, de data 1 de outubro de 1996, o estudio informativo da obra: variante de Marín, C-550, tramo Marín, (clave N/PO/91.10), sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as perosas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes e na Xefatura Provincial de Estradas de Pontevedra, ambas pertencentes á Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir de la publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra e no concello afectado.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector Xeral de Estradas

788