Intentada inutilmente a notificación domiciliaria do seguinte emprazamento, procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico administrativas.
Asunto: emprazamento.
Nº Rfa.: 299-C 96/1
Data da reclamación: 18-1-1996
Interesado: Claudio César Silvent.
Enderezo: r/ Príncipe nº 21. Ortigueira-A Coruña.
Este tribunal comunícalle que dispón dun prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente emprazamento, para examina-lo expediente económico-administrativo incoado pola súa instancia.
No antedito prazo poderá formular escrito de alegacións, achegar probas e acompaña-los documentos ou dictames a que se refire o artigo 90 do Real
decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas (BOE nº 72, do 23 de marzo de 1996)
Poderá examina-lo dito expediente nas dependencias desta secretaría situadas na Consellería de Economía e Facenda (1ª planta, Dirección Xeral de Tributos).
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1997.
Matías Alonso del Campo
Vocal do tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia
930