Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 1997 Páx. 1.367

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xaneiro de 1997 pola que se especifican as funcións da Comisión de Selección de Política Científica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e se nomean os seus membros.

O Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio), crea a Comisión de Selección de Política Científica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, determina as súas funcións e fixa o marco para a súa composición, así como a competencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para o cumprimento e desenvolvemento do citado decreto.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 9 de xullo de 1991 (DOG do 29-7-1991), estableceuse a composición da dita comisión. Posteriormente, as ordes do 20 de marzo de 1992, 1 de xuño de 1993 e 27 de xullo de 1994 (DOG do 2-4-1992, 14-6-1993 e 10-8-1994, respectivamente), publicaron as substitucións que foi preciso facer.

Os máis de cinco anos sucesivos de traballo por parte da Comisión de Selección de Política Científica, resolvendo as convocatorias de axudas de apoio e fomento da investigación universitaria, así como a modificación da situación da investigación nas universidades galegas, dado o aumento do número de doutores, e o feito de que a promoción da investigación universitaria ten que establecerse individualmente, pero tamén en relación coa Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, aconsellan realizar unha modificación parcial na composición da dita comisión para que, incorporando a experiencia das convocatoria anteriores, se atendan ás novas esixencias derivadas do cambio de marco.

Polo que antecede, esta consellería, en aplicación da autorización prevista na disposición derradeira do devandito Decreto 160/1991,

DISPÓN:

Artigo 1º

A Comisión de Selección de Política Científica, dentro do marco fixado no Decreto 160/1991, realizará as seguintes funcións:

a) Elaborar propostas de resolución de tódalas convocatorias de axudas que dispoña a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria baixo a denominación de «promoción xeral do coñecemento», «formación e actualización do profesorado universitario», «formación e actualización do persoal investigador» e «axudas para establecemento de convenios de colaboración con institucións públicas e privadas se fins de lucro para a realización de programas de investigación».

b) Elabora-los informes que, en relación coas convocatorias mencionadas no parágrafo anterior, lle solicite a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria respecto da promoción da investigación universitaria.

Artigo 2º

A Comisión de Selección de Política Científica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria creada polo Decreto 160/1991, queda integrada polas persoas que a seguir se relacionan:

-Presidente: Prof. Dr. Vicente Pérez Villar. Facultade de Física. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

-Prof. Dr. Andrés Beiras Iglesias. Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.

-Prof. Dr. Antonio Blanco Seoane. Facultade de Química. Universidade de Santiago de Compostela.

-Prof. Dr. Manuel José Botana Agra. Facultade de Dereito. Universidade de Santiago de Compostela.

-Prof. Dra. Mercedes Brea López. Facultade de Filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela.

-Prof. Dr. Luis Felipe de la Cruz Palomino. Facultade de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela.

-Prof. Dr. Antonio Erias Rey. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Universidade da Coruña.

-Prof. Dr. José Manuel Gallardo Abuín. Instituto de Investigacións Mariñas. Consello Superior de Investigacións Científicas. Vigo.

-Prof. Dr. Antonio Garcia Pino. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación. Universidade de Vigo.

-Prof. Dr. Wenceslao José González Fernández. Facultade de Humanidades. Universidade da Coruña.

-Mª Anunciación Lafuente Gimenez. Facultade de Ciencias. Universidade de Vigo.

-Prof. Dr. Fernando López Alsina. Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago de Compostela.

-Prof. Dr. Fermín Luis Navarrina Martínez. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Universidade da Coruña.

-Prof. Dr. Manuel Pérez Donsión. Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais. Universidade de Vigo.

-Subdirector xeral do Plan Galego de IDT, que actuará con voz pero sen voto para os efectos de coordinación como Secretario da CICETGA.

Secretario:

Benito R. Fernández Rodríguez, xefe do Servicio de Promoción da Investigación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará con voz pero sen voto.

Artigo 3º

Os membros da Comisión de Selección de Política Científica, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 160/1991, terán dereito a asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 199/1990, do 24 de maio, sobre indemnización por razón do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Artigo 4º

Facúltase a Comisión de Selección de Política Científica para solicitar información e asesoramento, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha máis axeitada distribución dos fondos destinados ás convocatorias que faga a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria baixo as denominacións que se detallan no artigo 1º.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto).

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

97-968