Con data do 27 de xaneiro do 1997 o director xeral de Obras Públicas e Transportes por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da obra da ponte internacional sobre o río Miño en Arbo. Clave: N/PO/91.11.
Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.
A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada por contar con financiación da Comunidade Europea (INTERREG II) e terse asinado o Convenio Internacional para a súa construcción.
En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,
DISPOÑO:
Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da obra da ponte internacional sobre o río Miño en Arbo. Clave: N/PO/91.11.
Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda
727