Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 1997 Páx. 1.259

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 20/1997, do 30 de xaneiro, polo que se nomea presidente do Consello de Administración da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos a Emilio García Gallego, director xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A Lei 8/1993, do 23 de xuño, da administración hidráulica de Galicia, regula na súa disposición adicional a composición do Consello de Administración da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, constituída polos seguintes membros:

1º.-O director xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2º.-Tres vocais designados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3º.-Un vocal designado pola Consellería de Economía e Facenda.

4º.-Un vocal designado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Así mesmo, sinálase que o presidente do Consello de Administración será nomeado entre os seus membros polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.- Nomear a Emilio García Gallego, director xeral de Obras Públicas e Transportes, presidente do Consello de Administración da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

815