Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle rúa Quintela e rúa en proxecto (expediente 4152/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 3 de xaneiro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para o establecemento de aliñacións na rúa Quintela e vial E-K-L do polígono III do PERI II-12 A Florida, conforme a documentación presentada pola entidade Promociones Alonso y J.M. Estévez e redactado polo arquitecto Roberto Laguna Fondovila, visado polo COAG o 14 de novembro de 1996, así como sometelo ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Vigo, 27 de xaneiro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9418