Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no aritgo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do acordado pola corporación provincial na sesión do 29 de novembro último, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacionan, para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994:

Concellos; impostos.

Esgos: IBI, IAE, imposto de vehículos de tracción mecánica e taxa de recollida de lixo.

Montederramo: IBI, IAE, imposto de vehículos de tracción mecánica.

Punxín: imposto de vehículos de tracción mecánica. Taxa de recollida de lixo.

Piñor: imposto de vehículos de tracción mecánica. Taxa de recollida de lixo.

Castro Caldelas: imposto de vehículos de tracción mecánica. Taxa de recollida de lixo.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia, axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 5 de decembro de 1996.

O presidente

Rubricado