Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTISO

ANUNCIO.

Concluído o prazo de rectificación de erros e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria aprobadas por acordo plenario do 13 de xaneiro de 1996, modificadas por acodo do Pleno da Corporación do 9 marzo de 1996, para provisión da praza de administrativo, subescala administrativa, escala de Administración xeral incluída na oferta de emprego público para o ano 1995:

RESOLVO:

Primeiro.-Aproba-la lista de opositores admitidos e excluídos definitivamente das devanditas probas, que figura como anexo á presente resolución.

Segundo.-O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde-presidente, Ramón Villar Edreira.

Vocais: Julio Fraga Mato, titular e Ana García Verdejo, suplente, en representación da Comunidade Autónoma.

José González González, titular e Juan Colmenares López-Soldado, suplente, en representación do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Depositarios de Administración Local.

Ignacio Goenaga Echeveste, titular e Matilde Mónica Rivas Fernández, suplente, designados pola Deputación Provincial da Coruña.

Sabino Vidal Casanova, titular e Germán Río Ayude, suplente, como vocais designados pola corporación.

Miguel A. Santos Rego, titular e Marcelino Agís Villaverde, suplente, en representación da Universidade.

Juan José Castro Villamor, titular e José Daniel Liste Moscoso, suplente, en representación dos concello de Sobrado e Oroso, respectivamente.

Secretaria: Mª del Carmen Rojo Pitillas, secretaria do concello.

Terceiro.-O primeiro exercicio da oposición terá lugar unha vez transcorrido o prazo de quince días desde a última publicación deste anuncio, ben sexa no BOP ou no Diario Oficial de Galicia; se coincide en sábado, domingo ou festivo, efectuaranse o pri

meiro día hábil seguinte, ás nove horas. Concretarase no taboleiro de anuncios do concello, unha vez realizadas as dúas publicacións, a data concreta de realización do exame.

ANEXO

Lista definitiva de admitidos e excluídos para participar na convocatoria para a provisión dunha praza de administrativo, incluída na oferta de emprego público para 1995:

Admitidos: Manuel Adán López; Jesús Castro Tato; Mª Begoña de la Villa Cabrera; Eva Fernández Oro; Rafael Fernández Sarandeses; Mª Teresa López López; Mª Begoña López Martínez; José Ramón Mato Lodeiro; María Sagrario Méndez Fernández; Matilde Pallares Cagide; Juan Manuel Queiruga Martín; Laura Recacho Rivas; José Javier Santiago Freijanes; Manuel Sesto Pampín e Mª del Mar Souto Liñeira.

Excluídos: Regina Blanco Martínez; María Camba Mera; Ana Cristina Fernández Matilla e José Francisco Rodríguez Barro.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

O Alcalde

Rubricado

828