Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Guionistas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Guionistas que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación aqueles profesionais que teñan, polo menos, un guión para audiovisual, en calquera dos seus formatos e duración, emitido ou presentado publicamente.

Asinan a acta de constitución: Andrés Mahía Cedeira e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

776