Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 20 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-EC-29/1996, devolta polo servicio de correos rexeitada.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 20 de xaneiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-EC-29/1996.

Denunciada: Ramona Canoeira Ferreiro.

DNI. 76.557.176.

Último enderezo coñecido: S.M. Carballal-Xesta-Palas de Rei.

Feito denunciado: non dispo-lo seu gando para a realización das probas correspondentes á campaña de saneamento gandeiro de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 113 do Regulametno de epizootias e a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 27 de abril de 1994 prorrogada pola Orde do 5 de marzo de 1996.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 100.000 ptas.

774