Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-214/1996, por non ter constancia da súa recepción polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976 do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 16 de xaneiro de 1997.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Expediente: LU-214/1996.

Denunciado: Luis Seoane Cacharón.

DNI: 33634068.

Último enderezo coñecido: Casa Muíño-Pígara-Guitiriz.

Feito denunciado: tirar un cadáver dunha res equina nun predio recoñecido por Chousa cubríndoo parcialmente con terra, toxos e ramas de piñeiro.

Tipificación da infracción: Regulamento de epizootias.

Precepto infrinxido: artigo 157, 158, 159 e 168.

Precepto sancionador: artigo 216.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

682