Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da incoación dos expedientes sancionadores de protección de animais e de epizootias LU-423/1996 e LU-425/1996, por non ter constancia da súa recepción polos destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, emprazada na Ronda da Muralla, 197, pra presenta-lo descargo e documentos que consideren convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario poderá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 16 de xaneiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-423/1996.

Denunciado: Equinor.

Último enderezo coñecido: Galegos, Lugo.

Feito denunciado: incumpri-la normativa vixente para a autorización e rexistro dos establecementos.

Precepto infrinxido: artigo 3 da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade.

Precepto sancionador: artigo 21.1º.f da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade.

Sanción posible: de 50.001 a 500.000 ptas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-425/1996.

Denunciado: Alfreso Moreno Cortina.

DNI: 05.397.576.

Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, 160 Lugo.

Feito denunciado: transporta-lo día 13 de novembro de 1996 catro animais equinos no vehículo matrícula AB-9325-F, e carecer de carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigo 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 ptas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

685