Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de epizootias LU-EC-24/1996 e LU-302/1996, devoltas polo servicio de correos por atoparse ausentes nas horas de reparto os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976 do 7 de maio).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 13 de xaneiro de 1997.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Expediente: LU-EC-24/1996.

Denunciada: Genoveva Penabad Calvo.

DNI: 76.543.697.

Último enderezo coñecido: Carballo-Galdo, Viveiro.

Feito denunciado: non poñer ó dispor do equipo de veterinarios da campaña de saneamento o seu gando para a realización das probas correspondentes a campaña de saneamento gandeiro de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 113 do Regulamento da Lei de epizootias, así como a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 27 de abril de 1994.

Precepto sancionador: artigo 219.3º do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: LU-302/1996.

Denunciado: Migeul A. Sánchez Hortas.

DNI: 34.982.163.

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 202-1º D. A Rúa (Ourense).

Feito denunciado: transporta-lo día 3 de setembro de 1996 no camión matrícula OR-4612-N, cen aves desde A Rúa ata a feira de Becerreá e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Precepto infrinxido: artigo 32 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 212 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

684