Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-245/1996, por non ter constancia no expediente da súa recepción polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE de 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivO no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e san

cións: número 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-245/1996.

Denunciado: Ramón Rodríguez Gutiérrez.

DNI: 09992482

Último enderezo coñecido: Trabadelo-León.

Feito denunciado: transporta-lo día 23 de xuño de 1996, no camión matrícula LE-1052-U, once cabezas de gando porcino procedentes de Grolos (Lugo) ata Camponaraya (León), e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción: Regulmento de epizootias.

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Sanción imposta: 8.000 pesetas.

Lugo, 13 de xaneiro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

683