Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación estatutaria da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou con data 23-1-1997, certificación do secretario da referida federación, José Sánchez Pena, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo de modificación estatutaria adoptado pola Xunta de Goberno o 18-12-1996, e que se concreta no cambio do domicilio social, pasando á rúa Hórreo, 87-1º A, de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

661