Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

BASES que rexerán para cubrir unha praza de auxiliar de Administración xeral, vacante no cadro de persoal do Concello de Sada.

1ª Obxecto.

As presentes bases teñen por obxecto regula-lo proceso de selección do posto de traballo que se sinala na base seguinte, polo procedemento de oposición libre, incluída na oferta de emprego público de 1996, e coa correspondente consignación orzamentaria, de conformidade co preceptuado na Lei 30/1984, do 2 de agosto; Lei 7/1985, do 2 de abril,

R.D.L. 781/1996, do 18 de abril, e demais lexislación concordante.

2ª Características do posto de traballo.

Escala: Administración xeral.

Subescala: auxiliar.

Grupo: D.

Denominación: auxiliar administrativo.

Nivel: C.

Destino: 14.

Número de postos a cubrir: 1.

3ª Forma de selección.

O sistema de selección será por oposición libre.

4ª Condicións dos aspirantes.

Para poder ser admitido ás probas selectivas de acceso a praza, será necesario:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos os 18 anos e non exceder daquela idade na que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa pola idade, determinada pola lexislación básica na materia de función pública, referidas ámbalas dúas ó día no que finalice o prazo de presentación de instancias.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou en condicións de obtelo no día no que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Posuí-la capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da escala e posto ó que se aspira.

As persoas con minusvalidez farano constar na instancia, indicando se precisa adaptación das probas.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio a calquera Administración pública. Este requisito deberá cumprirse o último día de presentación das solicitudes.

f) Non encontrarse incurso nalgún dos supostos de incompatibilidade previstos na lexislación vixente.

5ª Solicitudes.

Os aspirantes deberán presentar no prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do extracto destas bases no BOE, instancia segundo modelo (anexo I) no rexistro municipal os días laborais, de 9 a 14 horas. Tamén poderán presentarse nos rexistros que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os dereitos de exame, que se fixan na cantidade de 1.000 ptas., ingresarana na Tesourería municipal os aspirantes, e o resgardo xuntarase á instancia, e maila fotocopia do DNI.

6ª Procedemento.

Acabado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía, no prazo dun mes, dictará resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, que se fará pública no BOP e taboleiro de anuncios do concello. Concederase un prazo de dez días naturais para reclamacións o emenda de erros. As reclamacións ou emendas de erros serán resoltas, aceptándoas ou non, na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, momento no que se determinará a composición do tribunal, data, lugar e hora do comezo das probas. A lista definitiva farase pública na forma sinalada para a provisional.

7ª Probas selectivas.

As probas serán tres, de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Primeiro exercicio: constará de dúas partes:

A primeira parte consistirá en procesar nun tempo máximo de quince minutos un texto administrativo que facilitará un tribunal, nun ordenador do concello, usando o procesador de textos Ami Pro.

A segunda parte deste primeiro exercicio consistirá en traducir para a lingua galega o texto da primeira parte.

Neste exercicio puntuarase o coñecemento informático do programa que se utilice no grao de exactitude dos documentos obtidos e o coñecemento da lingua galega.

Segundo exercicio: consistirá en desenvolver por escrito, durante o prazo máximo de dúas horas, dous temas do programa (anexo II) extraídos por sorteo (un de cada grupo dos que compoñen o programa), que serán lidos publicamente polos aspirantes.

Terceiro exercicio: consistirá en desenvolver oralmente, durante o prazo máximo de corenta e cinco minutos, tres temas sacados por sorteo de entre os que compoñen o programa.

8ª Tribunal cualificador.

8.1. Composición. O tribunal cualificador integrarase, de acordo co que dispón o artigo 4 do R.D. 896/1991, do 7 de xuño, polos seguintes membros:

-Presidente: o da Corporación ou concelleiro en quen delegue.

-Secretario: o da Corporación ou funcionario en quen delegue. Actuará con voz e voto.

-Vocais: un representante da Comunidade Autónoma, proposto pola Dirección Xeral da Función Pública. Un funcionario de habilitación nacional, designado pola Presidencia. Un técnico dalgunha das materias do programa, designado pola Presidencia. Un funcionario de carreira da Corporación, co grao de persoal de nivel igual ou superior ó do posto que se vai cubrir, nomeado pola Presidencia.

8.2. Abstención e recusación. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notificándollo á autoridade convocante. Os aspirantes poderán recusalos polos motivos sinalados nas disposicións vixentes.

A designación dos membros do tribunal incluirá as dos respectivos suplentes.

8.3. Constitución e actuación. O tribunal non poderá constituírse nin actuar se non están persentes polo menos tres dos seus membros, e sempre e cando figuren o presidente e o secretario. As decisións adoptaranse por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto de calidade do presidente do tribunal.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que xurdan da aplicación destas bases e poderán adopta-los acordos que correspondan para aqueles supostos non previstos nas bases.

8.4. Vinculación das resolucións do tribunal. O presidente da corporación resolverá de acordo coa proposta do tribunal, que terá carácter vinculante.

9ª Calendario da realización das probas.

9.1. O lugar, data e hora na que terán lugar as probas selectivas fixaranse na resolución da Alcaldía pola que se aprobe a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

9.2. A orde de actuación, naqueles exercicios que non poidan facerse conxuntamente, será o alfabético, comenzando polo aspirante que resulte do sorteo feito previamente.

9.3. Os aspirantes convocaranse para cada exercicio en chamamento único, e salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados polo tribunal, a non presentación dun aspirante a calquera dos exercicios obrigatorios no momento de ser chamado, determinará automaticamente a perda do seu dereito a participar nos exercicios e quedará excluído do proceso selectivo.

9.4. Unha vez comezadas as probas, non será obrigatoria a publicación dos sucesivos anuncios para a celebración das restantes probas no BOP. Estes anuncios faranse públicos polo tribunal nos locais onde se leven a cabo as probas e no taboleiro de anuncios do concello.

10ª Sistema de cualificación.

10.1. Tódolos exercicios serán eliminatorios e cualificados ata un máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

10.2. O número de puntos que poderá outorgarse por cada membro do tribunal, en cada un dos exercicios, será de 0 a 10 puntos.

10.3. As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do tribunal e divindindo o total polo número de asistentes, sendo o cociente a cualificación definitiva.

10.4. A orde de clasificación definitiva estará determinada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto dos exercicios.

11ª Relación de aprobados.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados pola orde puntuación, e non poderá haber máis aprobados ca número de prazas convocadas, elevando a proposta, con carácter vinculante, ó presidente da Corporación para que formule o nomeamento do aspirante proposto. Tamén se remitirá a acta da última sesión.

12ª Presentación dos documentos.

O aspirante proposto presentará no concello, dentro dun prazo de vinte días naturais desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións esixidas na base 4 para participar na oposición:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Certificado que acredite non padecer enfermidade ou incapacidade que lle impida o normal exercicio da función para desempeñar, expedida polo facultativo competente.

d) Declaración xurada ou promesa de non estar separado, polo procedemento disciplinario, de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

e) Os que tivesen a condición de funcionario público estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa amosados para obte-lo seu antedito nomeamento, debendo presentar certificación da Administración de quen dependa, do seu expediente persoal.

Os que dentro do prazo sinalado, e salvo casos de forza maior, non presentaren a documentación, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.

13ª Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo e achegados os documentos ós que se refire a base anterior, o alcalde ou órgano municipal competente, de acordo coa proposta do tribunal cualificador, procederá a nomear funcionario de carreira ó aspirante proposto, quen deberá tomar posesión no prazo de trinta días naturais, contados desde o seguinte a aquel en que sexa notificado o seu nomeamento, debendo previamente prestar xuramento ou promesa de conformidade co establecido no R.d. 707/1979, do 5 de abril.

O que, sen causa xustificada, non tome posesión no prazo indicado, quedará na situación de cesante, coa perda de tódolos dereitos derivados da convocatoria e do seu nomeamento.

14ª Incompatibilidades.

O funcionario nomeado quedará suxeito ó réxime de incompatibilidades do sector público, de acordo coa normativa vixente.

15ª Incidencias.

A aprobación das bases da convocatoria e os actos administrativos que se sucedan, poderán ser recorridos polos interesados, nos casos e na forma prevista pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; o R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, e o R.d. 896/1991, do 7 de xuño.

ANEXO I

MODELO DE INSTANCIA

Don/Dona..., provisto/a do DNI nº..., con domicilio en..., para os efectos de notificacións, localidade..., provincia..., teléfono..., expoño:

Que informado/a da convocatoria publicada por ese concello no BOE nº..., de data..., desexo participar nas probas selectivas para o acceso a unha praza de auxiliar de Administración xeral, vacante no cadro de persoal.

Que reúno todas e cada unha das condicións esixidas, referidas á data de remate do prazo sinalado para a presentación de instancias, nas bases que declaro coñecer.

Xunto o xustificante do pagamento dos dereitos de exame e fotocopia do DNI.

Solicito ser admitido á oposición para a praza indicada.

..., ... de... de 199...

ANEXO II

PROGRAMA PARA A PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL

Grupo A.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos de deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O poder xudicial.

Tema 5. A Administración central do Estado. O Consello de ministros. O presidente do Goberno. Os ministros. Os secretarios do Estado. Os subsecretarios e demais órganos administrativos.

Tema 6. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno e os gobernadores civís. Outros órganos periféricos.

Tema 7. A organización territorial do Estado na Constitución. Comunidades autónomas.

Tema 8. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. As competencias da Comunidade Autónoma. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

Tema 9. A Administración autonómica. Organización e estructura das consellerías. A Administración institucional da comunidade autónoma.

Tema 10. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 11. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 12. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas.

Tema 13. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases xerais do procedemento administrativo xeral.

Grupo B.

Tema 14. O réxime local español.

Tema 15. O patrimonio da Administración local. Clasificación dos bens. O inventario.

Tema 16. O municipio. O termo municipal. Organización municipal.

Tema 17. Outras entidades locais. Mancomunidades, agrupacións, entidades locais menores.

Tema 18. As facendas locais. Clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais, procedemento de elaboración e aprobación. Taxas, prezos públicos e constribucións especiais.

Tema 19. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.

Tema 20. O persoal ó servicio da Administración local. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

Tema 21. Funcionarios. Incompatibilidades, situacións administrativas e réxime disciplinario.

Tema 22. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos. Notificacións.

Tema 23. Os contratos administrativos na esfera local. Selección do contratista.

Tema 24. O arquivo da Administración local. Definición do documento. As transferencias. Os expurgos. O arquivo de documentos. Sistema de clasificación e ordenación.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde