Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

NORMAS subsidiarias de planeamento.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 10 de xaneiro de 1997 acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a documentación integrante do documento de revisión das normas subsidiarias de planeamento que consta de:

-Memoria.

-Estudio do medio rural.

-Proceso de participación pública.

-Anexo de correccións.

-Normas urbanísticas: tomos 1 e 2.

-Normas de uso e tramitación.

-Documentación gráfica.

Segundo.-Publica-lo acordo de aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP conforme o disposto no artigo 70.2º LRBRL.

Terceiro.-Remitir copia do expediente administrativo completo e dous exemplares das normas subsidiarias de planeamento revisadas con tódolos planos e documentos que as integra a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo).

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso) no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública.

Sada, 13 de xaneiro de 1997.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

77