O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: determinacións coagulación: TP; TPTA; fibrinógeno; TT; factor II, factor V; factor VII; factor VIII; factor X; factor IX; reptilase.
Orzamento: 30.278.417 ptas.
Garantía provisional: 605.568 ptas.
Lote 1: determinación de coagulación: TP; TPTA; fibrinógeno; TT; factor II, factor V; factor VII; factor VIII; factor X; factor IX; reptilase.
Orzamento: 30.278.417 ptas.
Garantía provisional: 605.568 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.
Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación.
1. Oferta económica:
Prezo arrendamento e consumibles: 50%.
Calidade dos reactivos: 20%.
Prestacións do equipamento: 20%
2. Servicio de mantemento:
Preventivo e correctivo: 5.
Servicio de entrega de remesas de consumibles: 5%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a quel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 23 de xaneiro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo da Coruña
388