Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Cuntis II (Cuntis-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Cuntis II (Cuntis-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 434/1987, do 5 de novembro (DOG nº 231 do 1-12-1987), o seguinte:

Primeiro.-Con data do 16 de decembro de 1996, o director xeral de estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Cuntis II. (Cuntis-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto o público na Casa do Concello de Cuntis e na zona, durante trinta días hábiles, desde o seguinte día en que sexa publicado o derradeiro dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación desta e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recurrentes presenta-los recursos no rexistro da Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes (r/ Benito Corbal, 47-4º-Pontevedra), no rexistro xeral da consellería (edificio San Caetano, s/n Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para facérlle-las notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugando en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás Bases (artigos, 36, 38, 40 e 41 da Lei de Concentración Parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 10 de xaneiro de 1997.

Miguel Angel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

621