Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 194/1993, do 29 de xullo (DOG nº 157 do 17-8-1993), que a xunta local da zona, na súa reunión do 16 de xaneiro de 1997, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Tomiño e nos lugares de costume da zona durante un prazo de trinta días contados desde o seguinte en que sexa publicado o derradeiro dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP no xornal de máis circulación desta e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e á fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos trinta días sinalados, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura Gandería e Montes (edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela), no Rexistro da Delegación Provincial da Consellería (r/ Benito Corbal 47-4º, Pontevedra), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os interesados farán constar no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan, e se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 1997.

Miguel Ángel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

623