Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de pesca fluvial 96/0215.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratico común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consllería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó director xeral de Montes e MAN da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8).

A Coruña, 15 de xaneiro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: P-96/0125.

Denunciado: Antonio Canosa Pérez.

DNI: 32.312.654.

Último enderezo coñecido: Pereiriña, s/n, CEE.

Feitos denunciados: pescar utilizando artefactos de uso prohibido (grampín).

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 35.5º

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.001 multa Inhab. 1 ano e 1 día.

585