Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de caza 96/0067 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4), e más do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3, corrección erros nº 112, do 11-5), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o Art. 49 do Regulamento de caza, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normaliza

dos que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 15 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-96/0067.

Denunciado: Mariano R. Mujico Fernández.

DNI: 33.291.409.

Último enderezo coñecido: Lagartos, 46, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: non impedir que os seus cans vaguen sen control por TRCE, en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2º.24.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 5.250 multa Inhab. 6 meses.

Expediente: C-96/0094.

Denunciado: Javier Martínez Martínez.

DNI: 32.789.329.

Último enderezo coñecido: Federico Tapia, 13-6º D, A Coruña.

Feitos denunciados: non posuir permiso do couto e adestrar cans en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2º.1, 48.2º.24.

Cualificación: menos grave, menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

Expediente: C-96/0112.

Denunciado: José M. Ceide Martínez.

DNI: 33.843.150.

Último enderezo coñecido: Trav. Igrexa, 15-3º O Temple-Cambre.

Feitos denunciados: non impedir que os seus cans vaguen sen control en TRCE, en época de veda.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.2º.24.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

Expediente: C-96/0142.

Denunciado: Manuel Areoso Ríos.

DNI: 76.290.093.

Último enderezo coñecido: Gorgullos-Tordoia.

Feitos denunciados: cazar nun couto sen permiso nin licencia nin seguro.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 48.1º.8., 48.2º.1., 48.3º.53.

Cualificación: grave, menos grave, leve.

Sanción proposta: 7.500 multa Inhab. 6 meses.

613