Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xaneiro de 1997 pola que se modifica a clasificación dos postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Poio (Pontevedra).

O Pleno do Concello de Poio (Pontevedra), en sesión celebrada o día 22 de outubro de 1996, acordou, entre outros extremos, propoñe-la clasificación en clase segunda dos seus postos de secretaría e de intervención, reservados a funcionarios/as de habilitación nacional, actualmente clasificados en clase primeira.

Á vista do devandito acordo do Pleno e o adoptado pola comisión municipal de goberno do dito concello, en sesión do 16 de decembro de 1996, así como da documentación achegada ó expediente relativa á poboación e orzamento do concello, esta Conse

llería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido nos artigos 2 e 9 e na disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPON:

Primeiro.-Modifica-la clasificación dos postos de secretaría e de intervención do Concello de Poio (Pontevedra), reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, quedando establecida conforme se especifica no anexo que se xunta á presente orde.

Segundo.-De conformidade coa disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, a modificación da clasificación dos postos a que se refire a presente orde non afectará ó destino dos/das funcionarios/as que viñesen desempeñando o/s posto/s con carácter definitivo.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110, 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Anexo que se cita:

Corporación: Concello de Poio (Pontevedra).

Posto de traballo: secretaría.

Clase: segunda.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Posto de traballo: intervención

Clase: segunda.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoria: entrada.

97-712