Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 14/1997, do 23 de xaneiro, polo que se integran no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos, os funcionarios asumidos polo Decreto 80/1996, do 29 de febreiro, pertencentes a corpos e escalas de carácter sanitario.

O Decreto 80/1996, do 29 de febreiro (DOG nº 50, do 11 de marzo), polo que se asumen as funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendadas ó Instituto Social da Mariña, traspasadas pola Administración central do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, adscribe, no seu artigo 2.1º, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais as funcións, servicios e medios persoais e materiais transferidos polo Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro.

Entre a diversa tipoloxía de persoal transferido encóntrase un colectivo de persoal sanitario funcionario composto por inspectores médicos. Existindo nesta Comunidade Autónoma unha normativa específica sobre o persoal sanitario funcionario, composta, principalmente, pola Lei 17/1989, do 23 de outubro (DOG nº 206, do 26 de outubro), de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 303/1990, do 31 de maio (DOG nº 145, do 26 de xullo), que a desenvolve, e o Decreto 5/1992, do 16 de xaneiro (DOG nº 16, do 24 de xaneiro), polo que se crea a clase de funcionarios de inspectores médicos, procede integra-lo colectivo transferido nos corpos, escalas, subescalas e clases creadas pola dita normativa.

Na súa virtude, logo de consulta coa representación do persoal na mesa sectorial de negociación do persoal sanitario e logo de informe da Comisión de Persoal, por proposta conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Sanidade e Servicios Sociais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do día vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Intégranse no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos, todos aqueles funcionarios de carreira que, pertencendo á escala de inspectores médicos do corpo especial do Instituto Social da Mariña ou á escala de médicos inspectores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión foron transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia con tal carácter polo Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, sobre traspaso das funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendadas ó Instituto Social da Mariña e que aparecen relacionados no anexo I do presente decreto.

Artigo 2º.-As direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde nas que prestan servicios os ditos

funcionarios expedirán a correspondente dilixencia de integración, unha copia da cal se remitirá á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

Disposicións transitorias

Primeira.-O persoal que con carácter de persoal interino da escala de inspectores médicos do corpo especial do Instituto Social da Mariña foi transferido á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, será nomeado, con efectos desde a data de efectividade da transferencia, persoal interino en posto de traballo vacante do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos. O dito persoal aparece relacionado no anexo II do presente decreto.

Segunda.-O persoal eventual contratado para substituír un titular funcionario con reserva de praza e que, con tal carácter de persoal laboral eventual, foi transferido á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 212/1996, do 9 de febreiro, será nomeado, con efectos desde a data de efectividade da transferencia, persoal interino por substitución de titular con reserva de praza do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos, logo da renuncia ó contrato de traballo de substitución celebrado ó abeiro do artigo 4 do Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratación (BOE nº 22, do 28 de xaneiro de 1995). O dito persoal aparece relacionado no anexo III do presente decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou o Servicio Galego de Saúde, de conformidade co disposto no artigo 15.5º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, elaborarán a proposta de relación de postos de traballo, que incluirá aqueles ocupados polo persoal integrado por medio do presente decreto, producíndose a homologación para efectos retributivos do citado persoal no momento da publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente relación de postos de traballo.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para a execución e desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Non obstante o anterior, a súa eficacia entenderase referida ó día 1 de marzo de 1996, sen prexuízo do previsto na súa disposición adicional.

Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Relación de funcionarios de carreira integrados no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos.

Apelidos e nomePosto de traballoLocalidadeDNI

1. Álvarez Torre, UbaldoInspector médicoVigo34.922.173
2. Benítez Diego, Mª CelestinaInspector médicoVigo11.721.670
3. Couceiro Taboada, José ManuelInspector médicoA Coruña33.144.393
4. Martín Tejedor, Juan AntonioInspector médicoVilagarcía de Arousa11.722.892
5. Neira Juan, Ana MaríaInspector médicoVigo12.725.458
6. Romero Rodríguez, ManuelInspector médicoA Coruña32.239.608
7. Rudino Mallo, GonzaloInspector médicoA Coruña33.199.916
8. Seco Otero, José AndrésInspector médicoVilagarcía de Arousa35.278.297

ANEXO II

Relación de persoal interino nomeado persoal interino en posto de traballo vacante do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos.

Apelidos e nomePosto de traballoLocalidadeDNI

1. Alonso García, MargaritaInspector médicoBurela33.830.887

ANEXO III

Relación de persoal eventual de substitución de titular funcionario con reserva de praza nomeado persoal interino por substitución do titular con reserva de praza do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de inspectores médicos.

Apelidos e nomePosto de traballoLocalidadeDNI

1. Formigo Estévez, LidiaInspector médicoVilagarcía de Arousa34.901.348
2. Menéndez Guerricagoitia, AnaInspector médicoVigo 9.374.780
3. Pérez Pacios, María BelénInspector médicoVigo34.938.509

97-711