Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 1/1997, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun material informático: ordenadores, impresoras, licencias software, lectores de códigos de barras para o rectorado, Servicio Biblioteca (expediente 1001/1997).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun material informático: ordenadores, impresoras, licencias software, lectores de códigos de barras para o rectorado, Servicio Biblioteca.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia, se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: tres millóns novecentas mil pesetas (3.900.000 ptas.).

Garantía provisional: setenta e oito mil pesetas (78.000 ptas.).

A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

689