Convócase concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun material informático: servidor rede, ordenadores, impresora, sistema operativo rede Netware 4.1-25 usuarios, para a E.U. Politécnica de Ferrol.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e das 9 ás 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia, se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: once millóns cincuenta mil pesetas (11.050.000 ptas.).
Garantía provisional: duascentas vinteunha mil pesetas (221.000 ptas.).
A Coruña, 27 de xaneiro de 1997.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
690