Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se lles notifica ás persoas que se citan a ampliación do prazo para resolución dos expedientes por eles iniciados, así como que deberán achega-la documentación esixida pola normativa vixente para dar trámite ós expedientes referenciados (González Alberte, Mª José e dous máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós citados a continuación que, con data do 17 de setembro de 1996, dictou acordo o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais autorizando, ó abeiro da disposición adicional cuarta do Decreto 288/1996, do 18 de xullo, sobre competencias e procedemento para a autorización de apertura de oficinas de farmacia, a ampliación por un período de 4 meses do prazo inicialmente establecido para a resolución dos expedientes de autorización de apertura de farmacia instados.

Así mesmo e de conformidade cos artigos 71.1º e 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, son requiridos para que no prazo de dez días acheguen a documentación especificamente esixida, con indicación de que, se así non se fixese, se considerarían desistidas as peticións, arquivándose sen máis trámite, con efectos previstos polo artigo 42.1º da norma procedemental.

Ourense, 13 de xaneiro de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Solicitantes:

María José González Alberte, DNI: 34.936.375.

Isabel Rey Gómez-Serranillos. DNI: 33.293.652.

Juana María Anca Meizoso: DNI: 32.640.975.

Requisitos preceptivos:

-Título de licenciado en farmacia compulsado.

-Certificado de número de habitantes do municipio onde solicita a apertura de oficina de farmacia.

-Domicilio para notificacións.

588