Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se publica a adxudicación do contrato das obras de adecuación da Residencia da Terceira Idade da Pobra do Caramiñal á NBE-CPI-91 e Regulamento de instalación de protección contra incendios.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Xestión Económica.

c) Número de expediente: 8/96.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: adecuación da Residencia da 3ª Idade da Pobra do Caramiñal á NBE- CPI-91 e Regulamento de instalación de protección contra incendios.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 22-10-1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: vinte millóns novecentas sesenta e sete mil oitocentas cincuenta e seis pesetas (20.967.856 ptas.).

5. Adxudicación:

a) Data: 31-12-1996.

b) Contratista: Construcciones y Obras Gallegas, S.A. (Congasa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dezaoito millóns catrocentas vinte mil duascentas sesenta e unha pesetas (18.420.261 ptas.).

A Coruña, 31 de decembro de 1996.

Diego M. Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

527