Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/278-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 L.M.T., C.T., R.B.T. Combel de Abaixo e Xixirei. Trazo.

Situación: Trazo.

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV de 1.637 m de lonxitude que parte da L.M.T. Fecha-Ordes e final nos CC.TT. que se van construír denominados Xixirei e Cambel de Abaixo. CC.TT. de 50 kVA, C/U tipo intemperie. Interconexión RR.BB.TT. a 380/220 V cunha lonxitude de 18 m en R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

686