Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/174-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación dunha posición de liña de 132 kV na subestación de Mera.

Situación: Mera (A Coruña).

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Mera, denominada Capelada, dotándoa dun novo módulo de liña a 132 kV, consistente en:

-Pórtico constituído por perfís de aceiro, para prolongación do embarrrado principal composto por un só conductor por fase de aluminio, tipo condor de 454,48 mm e 27,72 mm de diámetro.

-Interruptor automático tripolar de 132 kV e 2500 A.

-Seccionador tripolar de 132 kV e 2500 A equipado con coitelas de p.a.t.

-Transformadores de tensión e de intensidade.

-Equipos de protección, mando, sinalización e medida.

-Municipio de Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

464