Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 420/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de central de coxeración en polígono industrial Lalín 2000, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Acabados del Deza, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: no polígono industrial Lalín 2000, concello de Lalín.

Finalidade da instalación: producción da enerxía eléctrica e aproveitamento de calor residual.

Características principais: dous grupos motoxeradores de 1.100 kVA cada un, xunto con equipos de regulación, control e protección. Equipos de recuperación de calor, almacenamento de combustible 50 m e eléctrico para a interconexión e medida da enerxía.

Orzamento: 117.407.500 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 19 de decembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

465