Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 437/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de R.B.T. San Vicente e Oitavén-Fornelos de Montes, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en San Vicente e Oitavén, concello de Fornelos de Montes.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: R.B.T., aérea, de 3.570 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 13.258.421 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de decembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

512