Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. Caldelas-Tui, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. de Boinas ata a L.M.T. xeral Caldelas-Tui. Concello de Tui.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, de 1.011 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-78, e 130 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 1.896.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de decembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
511