Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (116/1988 bis).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de divorcio número 116/1988 bis, que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na cidade de Santiago de Compostela, o 30 de setembro de 1988.

Vistos os autos civís de proceso de familia seguidos neste xulgado baixo o número 116/1988, sobre divorcio, promovido por Hani Toubah, maior de idade, casado, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na r/ Rosalía de Castro, número 76, primeiro, representado en autos pola procuradora Ana María González Gancedo e baixo a dirección técnica do avogado Alfredo Míguez Cajade, contra María Encarnación Coira García, maior de idade, casada, ausente en ignorado paradoiro e en situación procesual de rebeldía; sendo parte o Minsiterio Fiscal e pronuncio esta sentencia que baseo nos antecedentes de feito e fundamentos de dereito que seguen.

Decido: que con estimación da demanda rectora dos presentes autos formulada pola procuradora Ana María González Gancedo, en nome e representación de Hani Toubah, debo declarar e declaro haber lugar á disolución do matrimonio formado por aquel con María Encarnación Coira García por concorrencia da causa de divorcio número 4 do artigo 86 do Código Civil, atribuíndose a garda e custodia dos fillos menores ó pai, todo iso sen facer pronunciamento especial sobre custas.

Firme que sexa a presente cédula, comuníquese ós rexistros civís de Bilbao e Santiago de Compostela,

para a anotación do resolto nas inscricións de matrimonio e nacemento dos fillos.

Notifíquese esta sentencia á demandada rebelde na forma prevista no artigo 769 en relación co 282 283 da Lei de axuizamento civil, de non interesarlle a notificación persoal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserida previamente foi publicada no mismo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Encarnación Coira García, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

476