Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (28/1995-01).

Eu, Mª Teresa Bouzada Gil, maxistrada xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Santiago de Compostela, e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se segue peza separada de execución provisional dimanante do xuízo executivo 28/1995, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador García-Piccoli, contra P y C Producción y Comercio, S.L., en situación procesual de rebeldía e Fernando Méndez López e Mercedes Isabel Varela Carreira, representados polo procurador Calviño Gómez, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e polo termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Primeiro lote: 1/24 parte indivisa do local destinado a garaxe na planta terceira do soto da casa sinalada co número 44 da rúa San Pedro de Mezonzo, inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, no tomo 967, libro 12, folio 4, predio 946, inscrición primeira. Valorado en tresecentas mil pesetas (300.000 ptas.).

Segundo lote: rústico, secano, predio 509 A) do polígono 8 de concentración parcelaria da zona de Tapia de Casariego, no sitio de Miralles. Superficie de 47 áreas e 80 centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Castropol (Asturias), no tomo 456, libro 50 de Tapia, folio 156, predio 11.866, inscrición primeira. Valorada en 956.000 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade, o día vinte de marzo, ás doce horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos rematantes non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda.-Para tomar parte na poxa, deberán os licitadores consignar previamente no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, e sen este requisito non serán admitidos.

Terceira.-Só o executante poderá facer oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto daquel o importe da consignación.

Quinta.-Que por instancia do acredor se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante

continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día dezaoito de abril, ás doce horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día dezaseis de maio, ás doce horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8805