Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1997 pola que se convocan cinco cursos básicos de informática.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de cinco cursos básicos de informática, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo principal da-los coñecementos mínimos necesarios en materia de informática, para que os policías se familiaricen cos novos medios técnicos de traballo.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e membros da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 10 por curso.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a máquina ou con letra moi clara a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI, e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará:

-Para o 1º e o 2º curso o día 24 de febreiro ás 14 horas.

-Para o 3º,4º e 5º curso o día 12 de marzo ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e neles trataránse, entre outros, os seguintes temas:

a) Informmática básica.

b) MS-DOS 6.20.

c) Windows 3.11.

d) WordPerfect 6.1.

Datas.

Os cursos celebraranse nas datas do 3 ó 21 de marzo, e do 7 ó 25 de abril.

O horario de cada curso será o seguinte:

1º curso:

Datas: 3 ó 21 de marzo.

Horario: de 16 a 18 horas.

2º curso:

Datas: 3 ó 21 de marzo.

Horario: de 18 a 20 horas.

3º curso:

Datas: 7 ó 25 de abril.

Horario: de 11 a 13 horas.

4º curso:

Datas: 7 ó 25 de abril.

Horario: de 16 a 18 horas.

5º curso:

Datas: 7 ó 25 de abril.

Horario: de 18 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase:

-Para o 1º e 2º curso, o día 26 de febreiro.

-Para o 3º, 4º e 5º curso, o día 19 de marzo, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse nos locais sitos na rúa Santiago de Chile, 17 bis, en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e superen unha proba de coñecementos, e non poderán supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

617