Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0009119/1996, interposto por María Consuelo Mariño Bobillo, María del Carmen Mariño Bobillo e José Manuel Mariño Bobillo.

Recibida providencia da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso 03/0009119/1996, interposto por María Consuelo Mariño Bobillo, María del Carmen Mariño Bobillo e José Manuel Mariño Bobillo, contra Decreto 327/1996, do 26 de xullo, que declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Forcarei, dos bens e dereitos necesarios para as obras do proxecto de saneamento en Forcarei e outros, apertura da rúa J.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

488