Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a isncrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo complementario ó convenio colectivo de construcción.

Visto o expediente do acordo complementario ó convenio colectivo da construcción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-1-1997, subscrito en representación da parte económica por

APECCO e, da parte social, por Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, o día 10-1-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio construcción provincia da Coruña

Asistentes:

-Por APECCO:

Antonio Torres Sánchez.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

Jesús Calvo Ropmero.

Ramón Calvo Romero.

-Por CC.OO:

Juan Mª García Blanco.

Santiago Huertas Pozurrama.

-Por CIG:

Ezequiel Cancela Martínez.

Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade da Coruña, o 10 de xaneiro de 1997, ás 17 horas, reúnense nos locais de APECCO os señores arriba sinalados.

Aberta a sesión e despois dun cambio de impresións, a representación empresarial e as centrais sindicais UXT e CC.OO. ratifican e subscriben o acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, e con respecto á súa aplicación páctase o seguinte:

1. Fíxase como importe para percibir por día de traballo efectivo a cantidade de 45 ptas., que se fará figurar no anexo I do convenio, na columna

correspondente a plus de asistencia, polo que o dito plus de asistencia queda fixado en 733 ptas./día, que servirá de base para os incrementos que poidan pactarse no próximo convenio, e pagarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1996, de acordo cos días efectivamente traballados por cada perceptor do dito concepto.

A partir do 1 de xaneiro de 1997, adicionaráselle ó mencionado plus de asistencia 45 ptas., quedando fixado en 778 ptas./día de traballo, mentres non se fixe definitivamente no próximo convenio.

2. Para efectos da consolidación que se establece no artigo 5, apartado a) do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade, publicado no BOE nº 281/1996, seguiranse as seguintes normas:

a) Para determina-lo período de antigüidade que se consolidará en cada tramo, teranse en conta as anualidades que compoñen o dito tramo, procedendo a valora-lo ano completo cando a fracción deste sexa igual ou superior a 0,50, e non se computarán cando sexa inferior a 0,50.

b) Unha vez determinados os anos que se van consolidar, dividirase a cantidade asignada nas táboas do anexo II do convenio para o tramo en cuestión de antigüidade, por dous se se trata dun bienio e por cinco se é un quinquenio, e o cociente multiplicarase polos anos consolidados.

Estas normas tan só son aplicables a aqueles traballadores que o 21 de novembro de 1996 (data de publicación no BOE do ASN da construcción sobre o concepto económico de antigüidade) tivesen, polo menos, dous anos de antigüidade na empresa.

3. Como consecuencia do anteriormente exposto, queda derrogado o artigo 25 do vixente convenio colectivo provincial das empresas da construcción da Coruña.

A Confederación Intersindical Galega, (CIG) manifesta o seu desacordo co anteriormente pactado porque a súa pretensión é negociar un convenio de ámbito provincial, razón esta pola que non subscribe os acordos anteriores.

Como queira que a representatividade das centrais sindicais UGT e CC.OO supera a porcentaxe esixida polo artigo 89.3º do Estatuto dos traballadores, queda aprobada a adaptación do acordo sectorial nacional da construcción, sobre o concepto económico de antigüidade ó convenio provincial da Coruña.

Facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do dito acordo para efectos da súa homologación e publicación no BOP da Coruña, seguindo os trámites oportunos no rexistro da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Levántase a sesión, estendéndose a presente acta, que asinan de conformidade os asistentes.

659