Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 1997 polo que se publica a convocatoria dos aspirantes a contratacións temporais da Fundación Centro de Transfusión de Galicia.

Con data do 20 de novembro de 1996 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuacións de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación; no apartado 2º do artigo 7 de dita lei establécese que

as entidades ás que se refire o artigo 1 poderán acollerse para a contratación de persoal laboral temporal a un sistema de listas previo por categorías. As listas confeccionaranse, tralo pertinente anuncio público, de conformidade co baremo aprobado pola entidade respectiva.

Segundo o disposto no apartado 2º do artigo 7 da dita lei e no acordo do Padroado da fundación, do 23 de decembro de 1996, convócanse os aspirantes interesados en presenta-la súa solicitude de inscrición nas listas que se confeccionen en aplicación del co fin de que, no prazo máximo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, formulen a súa solicitude no modelo normalizado que lles será facilitado pola fundación, xuntando a ela os xustificantes dos méritos alegados. A presentación das solicitudes poderase facer no Centro de Transfusión de Galicia en horario de 9 a 17 horas.

Os interesados poderán recolle-las bases da convocatoria e o modelo de solicitude no Centro de Transfusión de Galicia, Avd. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Poderán solicitar información no teléfono 26 90 95 de 9 a 15 horas.

Só se valorarán os méritos acadados ata o día anterior á data de publciación no DOG desta convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1997.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro de

Transfusión de Galicia

642