Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

CONTRATACIÓN de servicio.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación dun estudio sobre a valoración desta institución por parte dos usuarios.

Nº expediente: CTRL/SER/01/97

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa 5A-6B, Área Central - As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario sinalado, ou no teléfono 981/57 76 50, fax: 981/57 78 43.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1997.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director xerente do Instituto Galego

de Medicina Técnica