Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de decembro de 1996, adoptou o seguinte acordo, a reserva de emenda de determinadas deficiencias:

«Aprobar con carácter inicial o proxecto de urbanización da unidade de actuación s/n no Burgo, da que o seu ámbito limita polo N. coa U.A. 51.S. autoestrada do Atlántico. E. estrada do Burgo á N-550 e O. solo de ordenanzas 4 e 13, promovido por José Manuel Villamisar García e redactado polo arquitecto Carlos Montero López».

Emendadas as deficiencias ás que se fixo referencia, sométese o documento a información pública, polo prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG durante o que poderá ser examinado o documento e formularse as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 13 de xaneiro de 1997.

Julio Sacistán de Diego

Alcalde

558