Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0109 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolucion, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez.

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expedientes: P-96/0109.

Denunciado: Álvaro A. Fernández Farima.

DNI: 52.433.837.

Último enderezo coñecido: José Mª Hernán Sáez, 2-1º A Coruña.

Feito denunciado: pescar nunha zona vedada e posuír troitas de tamano menor co regulamentario.

Tipificación infracción lei de pesca:

Artigo: 34.6º, 33.9º.

Cualificación: menos grave. Leve.

Sanción: 50.001 multa. 5.300 Indemn. Inhab. 1 ano.

Expedientes: P-96/0203.

Denunciado: Raffael Villar Picón.

DNI: 44.814.245.

Último enderezo coñecido: r/ de Madrid, Fontiñas. Santiago de Compostela.

Feito denunciado: pescar nun couto sen permiso.

Tipificación infracción lei de pesca:

Artigo: 34.10º.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 75.000 multa. Inhab. 1 ano.

Expediente: P-96/0221.

Denunciado: Roberto C. Vales López.

DNI: 32.839.561.

Último enderezo coñecido: Rutis, s/n, Culleredo.

Feito denunciado: pescar nunha zona vedada.

Tipificación infracción lei de pesca:

Artigo: 34.6º.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa. Inhab. 1 ano.

Expediente: P-96/0250.

Denunciado: Francisco J. Díaz Sánchez.

DNI: 32.624.732.

Último enderezo coñecido: Estrada de Castela, 3-8, 4º A, Freixeiro-Narón.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Tipificación infracción lei de pesca:

Artigo: 34.1º.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa. Inhab. 1 ano.

652