Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0202 e 96/0275.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca

fluvial, (DOG nº 151 do 5-8), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expediente poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Coruña da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 16 de xaneiro de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: P-96/0202.

Denunciado: Vicente Quintáns Tojo.

DNI: 33.202.081.

Último enderezo coñecido: Vista Alegre, 98-3º D, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: pescar nun tramo acoutado sen autorización.

Tipificación Lei de pesca:-Artigo: 34.10º.-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa Inhab. 1 ano.

Expediente: P-96/0275.

Denunciado: Andrés Bouzas Varela.

DNI: 76.314.661.

Último enderezo coñecido: Sueiro, 19, Culleredo.

Feitos denunciados: pescar 5 troitas de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación Lei de pesca:-Artigo: 33.9º.-Cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 multa. 5.650 indemn.

507