Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o ano 1997 ós préstamos subvencionados dos convenios en vigor de axuda financeira ás Pemes.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1988 a 1991, os tipos de xuro dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia, que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios, serán variables por anos naturais. Para os acollidos ós convenios dos anos 1992, 1993, 1994, 1995 e 1996 estableceuse un sistema de variación do tipo de xuro para exercicios futuros cunha periodicidade semestral.

Así mesmo, a Resolución do 17 de marzo de 1988, da Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira (DOG nº 77, do 25 de abril de 1988), dispón que ante a evolución do medio financeiro e a dinámica establecida nas variacións dos tipos de xuro, e co fin de adecua-lo custo dos créditos para os beneficiarios dos préstamos subvencionados ós prezos do mercado de cada ano, a Consellería de Economía e Facenda, segundo o establecido no texto dos correspondentes convenios de colaboración asinados coas entidades financeiras fixará, dentro do primeiro trimestre de cada ano que corra, os tipos de xuro vixentes para os préstamos de cada convenio.

Visto isto, e de conformidade coas entidades financeiras asinantes dos convenios e en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 1997, para os préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás PEMES dos anos 1992, 1993, 1994, 1995 e 1996, serán os seguintes:

Préstamos do convenio 1992: 9,10%.

Préstamos do convenio 1993: 8,45%.

Préstamos do convenio 1994: 8,45%.

Préstamos do convenio 1995: 8,45%.

Préstamos do convenio 1996: 8,15%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,75, o tipo de xuro que se vai aplicar será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (6,41) o tipo adicional, redondando ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o ano 1997, para os préstamos en vigor dos convenios dos anos 1988 a 1991, serán préstamos do convenio 1988: 12,80%, préstamos do convenio 1989: 12,05%, préstamos do convenio 1990: 12,85%, préstamos do convenio 1991: 12,85%.

Terceiro.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación no tipo de xuro.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

531