Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997 pola que se convoca e regula a concesión de axudas a corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 1997.

Corréspondelle á Administración impulsa-la creación e mellora de oficinas municipais de información ó consumidor (OMIC), para facilitarlles ós consu

midores e usuarios, coa maior rapidez, a información e defensa dos seus dereitos e lexítimos intereses.

En virtude disto, e de conformidade cos artigos 24 e concordantes do Estatuto galego do consumidor e usuario, e o capítulo II do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, sobre información e orientación ó consumidor e usuario,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O Instituto Galego de Consumo concederalles axudas ós concellos desta Comunidade Autónoma con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343A.460.0 dos orzamentos xerais desta comunidade para o ano 1997 cun crédidto máximo de 28.864.000 ptas., para actuacións de información e defensa dos consumidores e usuarios galegos que se realicen durante o ano 1997, a través das súas correspondentes oficinas municipais de información ó consumidor (OMIC).

As distas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin.

Para que os concellos poidan beneficiarse das axudas ás que fai referencia o artigo 2º desta orde, as oficinas municipais de información ó consumidor (OMIC) deberán, ademais das derivadas do Decreto 185/1994, do 16 de xuño, cumpri-las seguintes condiciones:

a) Etar abertas ó público 5 horas diarias como mínimo e contar cun rótulo no que conste de maneira destacada o obxecto da oficina.

b) Facilitarlle ó público información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exercelos.

c) Atende-las consultas, reclamacións e denuncias dos consumidores e usuarios colaborando para tal fin co Instituto Galego de Consumo.

Artigo 2º.-Obxecto.

O obxeto das subvencións e a que se refire o artigo anterior será o seguinte:

a) Gastos de instalación de novas oficinas municipais de información ó consumidor.

b) Gastos de funcionamento, infraestructura e equipamento das oficinas municipais de información ó consumidor xa en funcionamento.

c) Actividades de informacion, orientación, asistencia técnica, educación e formación dos consumidores e usuarios; edición e divulgación de publicacións de interese para os consumidores relacionadas coa defensa dos seus dereitos; enquisas e campañas de inspección que non teñan carácter ordinario e sempre que se realicen en coordinación cos programas do Instituto Galego de Consumo.

d) Gastos de toma de mostras para a realización de análise de calidade, sempre que as ditas análise estean incluídas no plan de actuacións do Instituto Galego de Consumo, así como gastos de material necesario para o mantemento de laboratorios de consumo vinculados ás OMICS.

e) Campañas de promoción e colaboración no funcionamento da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

f) Programas mancomunais entre diferentes municipios e/ou de actuación conxunta con asociacións de consumidores referidos ós anteriores apartados c) e d).

Terase en conta de maneira preferente o apartado e) deste artigo.

Artigo 3º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes (anexo I) para acollerse ás axudas económicas previstas na presente resolución, dirixiranse ós servicios provinciais de consumo ou ó Instituto Galego de Consumo, sendo en todo caso de aplicación o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes acompañaranse da seguinte documentación:

a) Certificación do acordo do órgano competente pola que se acolle á axuda, coa expresión da cantidade exacta solicitada (anexo II).

b) Certificación da poboación de feito, segundo o derradeiro censo dispoñible (anexo IV).

c) Certificación do secretario/a do concello na que se faga consta-lo horario no que a oficina permanece

aberta ó público para antede-las consultas dos consumidores e usuarios e para cursar reclamación ou denuncias que se lles presenten, e que será polo menos de cinco horas diarias ou vintecinco semanais.

d) Certificación do secretario/a do concello sobre o organigrama xerárquico e funcional do servicio da OMIC no respectivo concello.

e) Certificación do secretario/a do concello sobre concesións e solicitudes de axuda a outros organismos para as actividades obxecto de axuda.

f) Se é o caso, certificcón do secretario do concello da existencia do Concello Local de Consumo, se estivese constituído, ou do acordo de creación deste en 1997 (anexo IV).

g) Se é o caso, certificación do secretario do concello da existencia de mancomunidad con outros concellos e/ou actuacións conxuntas con asociacións, para actividaes sobre consumo (anexo V).

h) Se a axuda solicitada está destinada á instalación dunha nova OMIC, deberase presenta-la certifición dos órganos competentes polo que se aproba o proxecto correspondente asinado polo técnico competente, no que, ademais de garanti-las condicións de idoneidade do local para unha correcta atención ó público, se valorará economicamente o custo do proxecto e a súa necesidade.

i) Se a axuda solicitada está destinada a gastos de funcionamento, equipamento e infraestructura, deberase presentar, ademais dos sinalados nos parágrafos a), b), c), d) e e), os documentos seguintes:

-Orzamento debidamente detallado dos gastos.

-Cando o servicio prestado pola OMIC sexa concertado cunha asociación de consumidores, deberá xuntarse copia do convenio correspondente no que deberá figura-lo importe da contraprestación que a entidade local lle paga á asociación.

-Memoria das actuacións realizadas en 1996 e anteproxecto das actividades previstas para 1997.

j) Se a axuda está destinada á realización dos distintos programas de actividades ós que se alude nos apartados c), d) e) e f) do artigo 2º, memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver, na que se incluirá:

-Obxectivos que persegue a actividade que se pretende realizar.

-S é o caso, lugar e data de celebración e duración previa dela.

-Equipo humano responsable do proxecto.

-Orzamento detallado de gastos.

-Programa provisional.

-Destinatarios e número de persoas beneficiarias da actividade.

-E demais documentación que considere necesario o Instituto Galego de Consumo.

Artigo 4º.-Contía.

A contía das axudas axustarase ós seguintes criterios:

a) Para a instalación de novas oficinas municipais de información ó consumidor a axuda será de ata o 70% do seu custo, cun máximo de 1.000.000 ptas.

b) Para os gastos de funcionamento, infraestructura e equipamento a axuda será de ata o 50% do seu custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

c) Para actividades de información, formación, asistencia técnica, publicacións, enquisas, análisis de calidade e campañas de inspección a subvención será de ata o 50% do seu custo, cun máximo de 500.000 de ptas. por acción.

d) Para a promoción e colaboración no funcionamento do sistema arbitral a subvención será de ata o 70% do seu custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

e) Para programas mancomunais entre diferentes municipios e/ou actuacións conxuntas con asociacións de consumidores a subvención será como máximo do 50% do seu custo.

As corporacións locais beneficiarias deberán facer consta-lo patrocinio do Instituto Galego de Consumo na información publicitaria relativa a actuacións subvencionadas.

Artigo 5º.-Resolución.

a) As axudas, que serán compatibles con calquera outra que puidese outorgarse para tales fins e sempre que o importe total subvencionado non exceda do custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario e da porcentaxe máxima establecido nesta resolución, concederanse por resolución expresa do presisente do Instituto Galego de Consumo.

b) A resolución seralles notificada ós beneficiarios no prazo de dez días a partir da data en que se dicte.

c) Entenderanse desestimadas aquelas solicitudes sobre as que non recaia resolución expresa no prazo de tres meses contados a partir da finalización do prazo de presentación de solcitudes, quedando expedieta a vía contencioso-administrativa.

Artigo 6º.-Pagamento e xustificación.

As axudas concedidas faranse efectivas despois da xustificación polo concello beneficiario, por medio da certificación do secretario do concello, da realización dos proxectos, actuacións e custos que foron obxecto da subvención (anexo VI).

Para a xustificación da subvención concedida, a corporación local deberá presentar antes do 30 de novembro de 1997 a seguinte documentación:

a) Se a axuda concedida foi destinada a gastos de funcionamento, certificació do órgano competente

do gasto total efectuado, así como facturas xustificativas e documentos de pagamento.

b) Para investimentos destinados á instalación destes centros, certificación do técnico ou director da obra e do secretario do concello, do investimento realizado, achegando facturas do gasto realizado e documentos de pagamento.

c) Se é o caso, certificación do inventario dos bens mobles adquiridos e da súa aplicación con carácter indefinido, para a protección dos consumidores, xuntando facturas do gasto realizado e documentos de pagamento.

d) Se a axuda concedida foi destinada á realización dalgunha actividade, memoria final do desenvolvemento desta, xustificación documental dos gastos producidos e certificación do órgano competente do gasto total efectuado e documentos de pagamento.

Artigo 7º.-Obrigas.

As entidades locais que reciban axudas das establecidas nesta orde deberán remitirlle, trimestralmente, ó Instituto Galego de Consumo, informe relativo ás actuacións que tivesen lugar nas correspondentes oficinas municipais de información ó consumidor.

O Instituto Galego de Consumo e os servicios provinciais de consumo prestarán a colaboración que sexa precisa para o mellor desenvolvemento das accións ou programas subvencionados.

Artigo 8º.-Control.

O Instituto Galego de Consumo poderá realiza-las comprobacións que coide oportunas respecto á axuda económica concedida e terá acceso a toda a documentación xustificativa dela.

A falta de xustificación dos gastos, unha aplicación difernete á sinalada na solicitude e/ou, en xeral, o incumprimento dalgún dos requisitos esixidos na presente orde, derá lugar á retirada da subvención, coa seguinte obriga da devolución da axuda percibida e dos xuros de demora, nos supostos previsto no apartado 5º do artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. As cantidades que se reintegran terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 e 23 da citada lei.

Artigo 9º

Con independencia do establecido na presente resolución, aplicarase en todo caso o disposto na Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

560