Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación do procedemento sancionador de caza 96/0165 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4), e más do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3, corrección de erros nº 112, do 11-5), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o Art. 49 do Regulamento de caza, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 15 de xaneiro de 19996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación

Lei de caza

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

C-96/0165Jesús J. Cubeiro Alonso

32.683.462

Lg. Espinuda, 5

Valdoviño

Facer uso indebido da súa escopeta nunha zona de seguridade e infrinxi-las normas para batidas de xabaril46.2.h)

48.2.14

Moi grave

menos grave

50.000 multa

Inhab. 2 anos

C-96/0174Juan J. Martínez Fraguela

76.398.895

Camino Real Magdalena, 39

Cedeira

Posuí-la documentación preceptiva para cazar, non levándoa consigo48.3.43Leve1.000 multa
96/0191José Bermúdez Espineira

32.204.028

Archer Milton

Huntington, 1

A Coruña

Portar munición non autorizada e cazar nun couto sen permiso46.2.i)

48.1.8

Moi grave

Grave

50.000 multa

Inhab. 2 anos

C-96/0221José M. García Liñares

52.432.808

Sofán, 2

Carballo

Portar munición non permitida para caza menor46.2.i)Moi grave50.000 multa

Inhab. 2 anos

504